Boas Festas
Fotos
▼
miércoles, 28 de diciembre de 2016
viernes, 23 de diciembre de 2016
O Apalpador no Infantil da Florida - Sanxenxo
A tradición conta: O vello Apalpador (Apalpabarrigas), ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes:
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
cachela=plancha furada para asar as castañas
mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos
cemba=parte elevada dunha montaña ou camiño
Para saber máis sobre as celebracións do nadal noutros lugares, os personaxes que traen agasallos aos nenos e a súas historias, preme na castaña máxica.
lunes, 19 de diciembre de 2016
Maniquís no comedor da escola
A Directiva da A.N.P.A. e as monitoras do comedor da escola, mandáronos esta montaxe, esperamos que sexa do voso agrado.
Bo Nadal e Boas Festas
viernes, 25 de noviembre de 2016
Esperando ó bus!
Ou mellor Des...esperando ó bus!
Buscade a pequena diferenza.
Ollo a pista: É de cristal transparente, si de cristal. Pero facédelle unha visual!

O peor é cando chove!
Faremos unha carta aos Reis, ao Pai Noel, ao Apalpador, .....
Pedirémoslles que nos poñan así, para que cando chova non nos mollemos.
Buscade a pequena diferenza.
Ollo a pista: É de cristal transparente, si de cristal. Pero facédelle unha visual!

O peor é cando chove!
Faremos unha carta aos Reis, ao Pai Noel, ao Apalpador, .....
Pedirémoslles que nos poñan así, para que cando chova non nos mollemos.
Bicos a moreas!
domingo, 13 de noviembre de 2016
jueves, 2 de junio de 2016
jueves, 12 de mayo de 2016
17 de maio. Día das Letras Galegas
As nenas e menos da escola homenaxean ao poeta da ialma e da lingua, o poeta da nosa terra que creou para nós, nenos e nenas un xeito novo de facernos ver como somos e como seremos!
Made in: "Feito polos de 6º "
Bicos a moreas!
