3 anos

💓💓LUNS, 15 DE XUÑO DO 2020
Ola nenas e nenos!! Xa chegamos o final deste curso e queremos compartir convosco o último reto 📝📙📘📕📗

RETO: escritores e escritoras dun conto 📖
Cómo último reto propoñémosvos que fagades o voso propio conto, pode ser un conto de como foi este curso, da vosa vida, dos días de confinamento, dunha festa que recordas, do nadal....ou tamén pode ser algo inventado como a vida dun animal na selva, a festa dun unicornio, os dinosaurios.... 
O máis importante é que utilicedes a vosa imaxinación e coma sempre que o pasedes xenial!
Podedes debuxar os personaxes, escribir o relato pero tamén podedes facer un vídeo e contarnos así o conto. O que sí que ten que ter ese conto é unha portada e un título.
Animádevos a participar veredes o divertido que é ser un escritor ou unha escritora de contos!
Moitas grazas familias por participar nestes retos tan divertidos!!

MARTES, 9 DE XUÑO DO 2020

RETO: busca as 5 diferenzas
Esta semana propoñémosvos un reto moi divertido, busca as 5 diferenzas nas fotos dos profes! Podedes descargar o archivo PDF e despois imprimir as fotos ou tamén podedes descargar a imaxen e xogar dende o ordenador (soamente teredes que pinchar na imaxen, gardala e abrir o programa paint para rodear as diferenzas).

Animádevos a preparar as vosas diferenzas para que os compañeiros podan xogar coas vosas fotos! Para enviarnos as fotos teredes ata o luns 15 de xuño.







BICOS A MOREAS! MOITO ÁNIMO! 💖

MARTES, 2 DE XUÑO DO 2020
Ola nenas e nenos! Deixámosvos os calendarios de xuño 🌞

DESCARGAR CALENDARIO XUÑO DO TEMPO

DESCARGAR CALENDARIO XUÑO EMOCIÓNS



LUNS, 1 DE XUÑO DO 2020
Ola familias! É luns así que deixámosvos as propostas de traballo desta semana.

RETO:homes e mulleres do tempo
Como no cole xa estábamos feitos uns expertos e expertas do tempo, e este venres 5 de xuño e o día do medio ambiente, gustaríanos propoñervos este novo reto, no vídeo explicámosvos en que consiste.



1º OPCIÓN
Podedes facer unha foto dende o xardín de casa, a ventá, a praia, o monte, no portal de casa...A enviades ao correo e nós a publicamos, lembrade escribir onde estades.



2ºOPCIÓN
Buscar unha imaxe do mapa de galicia co tempo e contarnos nun pequeno vídeo como está o tempo.




 3ºOPCIÓN
Grabar un vídeo pequeno e contarnos como estivo o día.


Lembrade que tamén podedes enviarnos refráns relacionados co tempo que estamos seguros de que os vosos pais e os vosos avós coñenecen unha chea deles!




Lembrade os correos: armillara@gmail.com ou 
anaalvarellos@hotmail.com
Unha aperta xigante das vosas mestras! Moito ánimo! 💗


LUNS, 25 DE MAIO DO 2020
Ola familias! Hoxe é luns así que deixámosvos as propostas desta semana!

RETO: luces e sombras
Estos días tan bonitos de sol queremos aproveitar para que xoguedes coa luz que da 🌞. Pero tamén se pode facer luz na casa cunha linterna! Podedes enviar as fotos ata o venres 5 de xuño. 
Lembrade os correos: armillara@gmail.com ou 
anaalvarellos@hotmail.com


Se deixades entrar a luz do sol na casa podedes probar con construccións, animais...

Tamén podedes probar a debuxar a sombra 

Ou xogar coas vosas sombras e moi divertido!


Teatro de sombras! Cunha caixa de carton e cartulina negra!


Xogo de adiviñanzas, necesitades: obxetos, unha parede branca e unha linterna.

Unha aperta xigante das vosas mestras! Moito ánimo! 💗

LUNS, 18 DE MAIO DO 2020
Ola familias! Comezamos a semana con moitas ganas e propoñéndovos as seguintes actividades:

RETO: plastilina caseira
A todos e a todas encántanos xogar coa plastilina e que mellor que poder facer a nosa propia plastilina? Esta semana queremos ver como facedes plastilina nas vosas casas, deixámosvos un vídeo e animádevos que é moi divertido! Unha vez feita a platilina podedes facer letras, números, corpo humano, animais, árboles....
Para este reto tedes ata o venres 29 de maio para enviar fotos dos vosos traballiños. 
Lembrade os correos: armillara@gmail.com ou 
anaalvarellos@hotmail.com


Ademáis tamén podedes traballar moitas cousas como as que propoñémosvos a continuación:

Letras

Corpo humano

Números

Animais

Formas

Xogos con números

As fichas do árbol e os números as temos ata o número 10, se alguen as quere para imprimir na casa so teredes que enviarnos un correo. 


Outras ideas divertidas