lunes, 25 de mayo de 2020

Cabañas feitas con moita imaxinación!!

 

Grazas ás familias por toda a colaboración 💗💗💗

miércoles, 20 de mayo de 2020

lunes, 18 de mayo de 2020

Fábrica de xoguetes!


Benvidos a fábrica de xoguetes do CEIP A Florida!
Aquí tedes todos os xoguetes da nosa fábrica! 
Grazas familias!
Moito ánimo! #TODOVAISAIRBEN


domingo, 17 de mayo de 2020

Vídeo Día das Letras Galegas confinadas!


Muiñeira compartida entre todas e todos para celebrar o noso día!


GRAZAS A TODAS E TODOS

AGORA XA ENTENDEDES POR QUE VOS QUEREMOS TANTO!

FEIXES DE APERTAS E BICOS A MOREAS!

Nube de palabras galegas!


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! 💙

viernes, 15 de mayo de 2020

Día da familia!

Ola familias!! Hoxe é voso día e a profe Diana quere compartir connosco este conto tan bonito 
Grazas profe! Encántanos este conto! 




Queredes contarnos como é vosa familia? Aquí tedes unhas ideas:


Se queredes enviarnos algo xa sabedes os correos: anaalvarellos@hotmail.com ou armillara@gmail.com.
Unha aperta e moito ánimo!! 

FELIZ DÍA DA FAMILIA 💙💚💛💜💓

jueves, 14 de mayo de 2020

Nube de palabras!

Bos días nenas e nenos!! Como estades? Xa esta rematando a semana e hoxe queremos propoñervos unha actividade moi sinxela, so teredes que pensar unha ou varias palabras en galego como pode ser "agarimo, ledicia,aperta,bico..." e envialas aos correos armillara@gmail.com ou anaalvarellos@hotmail.com.
Con todas as palabras que nos enviedes faremos una nube de palabras....e pensaredes que é iso? Non contamos nada máis 😮....tedes que pensar unha ou varias palabras en galego e despois nos creamos esa nube de palabras galegas!
Unha aperta!! 💗

miércoles, 13 de mayo de 2020

Escape room Día das Letras Galegas 2020

Bos días rapazas e rapaces!😀 Hoxe queremos compartir convosco este escape room educativo, que realizou unha compañeira mestra e, que moi xenerosamente, compartiu co resto da comunidade educativa.

E preguntarédesvos, ¿que é un escape room educativo? 💭💭🔒🔎 Pois é un xogo no que teredes que resolver unha serie de retos para coñecer un pouco máis o homenaxeado do día das Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero 📕.

Por cada proba que superedes obteredes un número 🎱🔟, que os fará falta para o final de todo. Non esquezades anotalo ✏📄.

Animádevos a pasar un rato divertido!!!

Só tedes que clicar neste enlace:

🔎💭?😎  Escape room Día das Letras Galegas 2020

Unha vez aberta a pantalla do xogo, só tedes que clicar no altavoz que aparece debuxado 📣 (IMPORTANTE: non hai que rexistrarse) e ¡¡¡ comeza o xogo !!!

martes, 12 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Hoxe queremos compartir convosco o conto "As pitas baixo a choiva" 🐣🐤🐥☔, escrito polo persoeiro ó que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero 



Tamén, e grazas a xenerosidade da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra  e Edicións Embora, que compartiron de balde este material, podedes ler o conto e escoitar unhas cancións relacionadas clicando nestes enlaces:




Esperamos que os divirtades con este conto!!! 🐣🐤🐥☔

lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Esta semana celebramos o Día das Letras Galegas,

 que este ano dedícanse a Ricardo Carvalho Calero.


Cada día da semana subiremos nesta pestana unha actividade relacionada coas Letras Galegas.

Para comezar, dende a área de música do colexio, propónsenos que aprendamos unha coreografía para conmemorar esta celebración. 

Neste enlace podedes ver os pasos da coreografía e detállase como podedes facer para enviar o voso vídeo e o correo o que debedes facelo:




ANIMÁDEVOS, PRACTICADE E 

ENVIÁDENOS VOSA COREOGRAFÍA!!! 🎶🎵🎶🎵🎶



sábado, 2 de mayo de 2020

Os maios na casa!




Bicos a todas e todos!

viernes, 1 de mayo de 2020

Os vosos contos !!!

  

Recopilamos tódolos  debuxos dos contos que nos chegaron e este foi o resultado.




Moitas grazas a todos/as