lunes, 6 de julio de 2020

Orla promoción 2020

Bos días! Facede unha visual á orla de Infantil.
As/os interesadas/os deben comunicarnos a traves das titoras o número de copias. 
Data límite o 13 de xullo para pedir copias. 
Saúdos

lunes, 22 de junio de 2020


RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Bos días familias!!! Xa rematou o cole, pero queremos deixarvos unha serie de recomendacións para o verán. 

O máis importante e que disfrutedes e xoguedes moito!!!
   
    🌞 Xogo interactivo de matemáticas:

GEOGEBRA 4 ANOS: 


GEOGEBRA 5 ANOS: 



    🌞 Contos moi coñecidos contados por contacontos, escritores...: 


   🌞 Contos do camiño: 


   🌞 Pautas recomendadas pola Xefa do Departamento de Orientación:




Bicos a moreas e feixes de apertas !!! 💋💓💙💚💛💜


viernes, 19 de junio de 2020

E colorín colorado este curso esta rematado!

Ola rapazas e rapaces! E chegou o día, hoxe remata o curso 2019-20. Para nós é moi raro e moi triste non poder despedirnos cun abrazo, un bico e un feliz verán...
Por iso os mestres e as mestras de infantil fixemos un vídeo para despedirnos de todos e sobretodo para darvos as GRAZAS.
MOITAS GRAZAS familias por todo o voso traballo.
MOITAS GRAZAS nenos e nenas por aguantar o confinamento como uns super héroes
pero sobretodo..MOITAS GRAZAS polo voso cariño!

Desexámosvos moi feliz ferán e vemónos moi pronto! Os maiores de infantil cando voltemos en setembro xa estarán no cole de abaixo e tamén queremos mandarlles unha mensaxe especial para eles...Moita felicidade na nova aventura que ides emprender o ano que vén, en infantil botarémosvos de menos pero xa sodes moi maiores!

QUERÉMOSVOS MOITO
Encarna, Mari Carmen, Olga, Ana, Anita, Jose, Mari, David, Silvia, Markus e Helena


domingo, 14 de junio de 2020

LUNS, 15 DE XUÑO DE 2020
Ola familias! Xa queda pouco para rematar este curso tan diferente. Esta semana queremos compartir convosco este xogo interactivo que elaboramos as mestras e mestres de Educación Infantil. 

Durante o xogo aparecerá a frase: Descobre un... (obxecto, lugar, personaxe...). Aparecerán entre 4 e 6 interrogantes. Ó poñer o cursor sobre cada unha destas interrogantes, aparecerá unha pista sobre ese obxecto, lugar, letra... As nenas e nenos terán que intentar adiviñar a que ou quen se refiren as pistas. Cando pulsen sobre SOLUCIÓN apareceralle a resposta a esas pistas. Despois terán que pulsar sobre esa resposta para acceder a outro novo obxecto, personaxe...

Animádevos a xogar!!!

Unha aperta e bicos a moreas!!! 💋💙💚💛💜💓

lunes, 8 de junio de 2020


LUNS 8 DE XUÑO DE 2020

Ola familias! Este ano no colexio estabamos a traballar nun proxecto sobre A GRANXA 🐄🐇🐓🐐🐎🐖🐕. 
Debido a pandemia non puidemos rematalo, pero as mestras e mestres de Educación Infantil elaboramos este xogo interactivo para que as nenas e nenos pasen un ratiño moi divertido, mentres averiguan CANTO SABEN SOBRE A GRANXA?

Animádevos!!! Bicos a moreas!!! 💋

viernes, 5 de junio de 2020

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Ola familias! Hoxe, 5 de xuño, celébrase o Día do Medio Ambiente 🌱🌳🌼🌹🐄🐅🐘💚 e o próximo luns, 8 de xuño, o Día dos Océanos 🐋🐙🐠🐧🐢🐬🌊💙.

Por elo, e para concienciarnos da importancia de coidar e preservar a natureza, queremos compartir convosco estas 5 pezas audiovisuais que SOGAMA, a través da súa plataforma educativa "Caderno Verde", ven de publicar. 

Están protagonizadas pola Familia Trebón, unha familia responsable co medio ambiente que, disfrazados de piratas, van a ensinarnos a importancia de manter o mar limpo e empregar cada vez menos plásticos no noso día a día.

Queremos acabar esta publicación cunhas palabras da ecoeducadora Heike Freire na que di que " o contacto coa natureza é vital na educación das nenas e nenos". Así que xa sabemos:

A disfrutar e coidar o noso medio ambiente !!! 💚💚💚

Clicar sobre os títulos para ver os vídeos:

Briks de zume 




lunes, 25 de mayo de 2020

Cabañas feitas con moita imaxinación!!

 

Grazas ás familias por toda a colaboración 💗💗💗

miércoles, 20 de mayo de 2020

lunes, 18 de mayo de 2020

Fábrica de xoguetes!


Benvidos a fábrica de xoguetes do CEIP A Florida!
Aquí tedes todos os xoguetes da nosa fábrica! 
Grazas familias!
Moito ánimo! #TODOVAISAIRBEN


domingo, 17 de mayo de 2020

Vídeo Día das Letras Galegas confinadas!


Muiñeira compartida entre todas e todos para celebrar o noso día!


GRAZAS A TODAS E TODOS

AGORA XA ENTENDEDES POR QUE VOS QUEREMOS TANTO!

FEIXES DE APERTAS E BICOS A MOREAS!

Nube de palabras galegas!


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! 💙

viernes, 15 de mayo de 2020

Día da familia!

Ola familias!! Hoxe é voso día e a profe Diana quere compartir connosco este conto tan bonito 
Grazas profe! Encántanos este conto! 




Queredes contarnos como é vosa familia? Aquí tedes unhas ideas:


Se queredes enviarnos algo xa sabedes os correos: anaalvarellos@hotmail.com ou armillara@gmail.com.
Unha aperta e moito ánimo!! 

FELIZ DÍA DA FAMILIA 💙💚💛💜💓

jueves, 14 de mayo de 2020

Nube de palabras!

Bos días nenas e nenos!! Como estades? Xa esta rematando a semana e hoxe queremos propoñervos unha actividade moi sinxela, so teredes que pensar unha ou varias palabras en galego como pode ser "agarimo, ledicia,aperta,bico..." e envialas aos correos armillara@gmail.com ou anaalvarellos@hotmail.com.
Con todas as palabras que nos enviedes faremos una nube de palabras....e pensaredes que é iso? Non contamos nada máis 😮....tedes que pensar unha ou varias palabras en galego e despois nos creamos esa nube de palabras galegas!
Unha aperta!! 💗

miércoles, 13 de mayo de 2020

Escape room Día das Letras Galegas 2020

Bos días rapazas e rapaces!😀 Hoxe queremos compartir convosco este escape room educativo, que realizou unha compañeira mestra e, que moi xenerosamente, compartiu co resto da comunidade educativa.

E preguntarédesvos, ¿que é un escape room educativo? 💭💭🔒🔎 Pois é un xogo no que teredes que resolver unha serie de retos para coñecer un pouco máis o homenaxeado do día das Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero 📕.

Por cada proba que superedes obteredes un número 🎱🔟, que os fará falta para o final de todo. Non esquezades anotalo ✏📄.

Animádevos a pasar un rato divertido!!!

Só tedes que clicar neste enlace:

🔎💭?😎  Escape room Día das Letras Galegas 2020

Unha vez aberta a pantalla do xogo, só tedes que clicar no altavoz que aparece debuxado 📣 (IMPORTANTE: non hai que rexistrarse) e ¡¡¡ comeza o xogo !!!

martes, 12 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Hoxe queremos compartir convosco o conto "As pitas baixo a choiva" 🐣🐤🐥☔, escrito polo persoeiro ó que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero 



Tamén, e grazas a xenerosidade da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra  e Edicións Embora, que compartiron de balde este material, podedes ler o conto e escoitar unhas cancións relacionadas clicando nestes enlaces:




Esperamos que os divirtades con este conto!!! 🐣🐤🐥☔

lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Esta semana celebramos o Día das Letras Galegas,

 que este ano dedícanse a Ricardo Carvalho Calero.


Cada día da semana subiremos nesta pestana unha actividade relacionada coas Letras Galegas.

Para comezar, dende a área de música do colexio, propónsenos que aprendamos unha coreografía para conmemorar esta celebración. 

Neste enlace podedes ver os pasos da coreografía e detállase como podedes facer para enviar o voso vídeo e o correo o que debedes facelo:




ANIMÁDEVOS, PRACTICADE E 

ENVIÁDENOS VOSA COREOGRAFÍA!!! 🎶🎵🎶🎵🎶



sábado, 2 de mayo de 2020

Os maios na casa!




Bicos a todas e todos!

viernes, 1 de mayo de 2020

Os vosos contos !!!

  

Recopilamos tódolos  debuxos dos contos que nos chegaron e este foi o resultado.




Moitas grazas a todos/as

jueves, 30 de abril de 2020

¿Cantamos?

De Luis Vallecillo
Lee, canta y pásatelo bien!

martes, 28 de abril de 2020

Día do libro confinado II


Foron tantos os vídeos mandados que tivemos que facer unha segunda parte!



Bicos a moreas!

lunes, 27 de abril de 2020

viernes, 24 de abril de 2020

Ler en galego tamén mola

Para rematar a celebración da Semana do Libro queremos facer fincapé na riqueza da literatura infantil galega. E como mostra delo queremos compartir convosco algúns contos en galego.

Esperamos que vos gusten e disfrutedes moito dos libros en familia!!!

E COLORÍN COLORADO A SEMANA DO LIBRO REMATOU !!!


Conto "A vaca que puxo un ovo"



Conto "Os sete cabritos"



Conto "Corre corre, cabaciña"


jueves, 23 de abril de 2020

Feliz día do libro!!

Bos días familias! Hoxe queremos compartir convosco contos clásicos que seguro que todos coñecedes! Moitos destes contos teñen valores moi importantes como a xenerosidade de Robin Hood, a capacidade para esforzarse dos tres cerditos, a colaboración de Hansel y Gretel para lograr derrotar a meiga ou a sinceridade que tanto Pinocho como Pedro e o lobo sufriron continuas desgracias por culpa das mentiras que contaban.









Todos os contos e os libros teñen un protagonista asi que hoxe como é o día do libro, queremos animaros a que fagades un debuxo do voso protagonista de conto favorito, non ten que ser ningún destes que salen nos contos clásicos, pode ser o monstro de cores, leotolda ou quen sexa o voso protagonista favorito! Podedes enviar a foto do voso debuxo aos correos : armillara@gmail.com ou anaalvarellos@hotmail.com. No debuxo ecribide o voso nome e o nome do protagonista ou o titulo do conto, faremos unha entrada no blog cos vosos debuxos! 

Esperamos que disfrutedes con estes contos e con todos os contos do mundo, pois non hai mellor maneira de viaxar e soñar!!

E colorín colorado...este conto esta rematado!!! 

Bicos a moreas de todos os mestres e as mestras 💓

#TODOVAISAIRBEN



miércoles, 22 de abril de 2020

Día do Libro

Hoxe 23 de abril, queremos facer un Booktube entre todas e todos dende as nosas casas, para recomendarvos unha serie de libros que nos gustaron e dende aquí decirvos a todas e todos que axíña nos veremos!



Feliz Día do Libro confinado!
Feixes de apertas e bicos a moreas!

Seguimos celebrando a Semana do Libro

Hoxe queremos compartir con vós 3 libros que a autora e ilustradora infantil Olga de Dios compartiu moi xenerosamente estes días na súa páxina web. 


Esperamos que vos gusten e que disfrutedes destas lecturas en familia!!!









martes, 21 de abril de 2020

Feliz semana do libro!

Bos días familias!! Como estamos na semana do libro queremos compartir convosco algún deses contos que vos encantan!!
Érase unha vez....












viernes, 17 de abril de 2020

Para cando este remate!


Os maios en cuarentena?

Nooon. Nós ímolo facer igual!

APETÉCEVOS CANTAR O MAIO?

Pois comezamos...


1.- Inventa unha copla con esta estructura 8 - 7a - 8- 7a.

2.- Agora toca cantar.
3.- Debedes comezar e rematar tocando as claves, culleres de pau, palmas...o ritmo que sempre faciamos no cole (ta - ta - titi - ta).
4. Grabade a vosa actuación e da montaxe encargámonos nós!
 

QUE VIVA O MAIO DA FLORIDA!!!

A data límite para entregar o vídeo será o luns 27 de abril.


Enviade o vídeo en horizontal e a letra da copla a: 

ceipafloridasanxenxo@gmail.com

Aquí vos deixamos un exemplo de como facelo! Hai unha copla e a base musical para que probedes vós!




Cando acabe a coarentena
moito imos disfrutar,

poderemos ir a praia
e todos xuntos xogar,

poderemos ir a paria 
e todos xuntos xogar.


Veña anímate a participar!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES MANIPULATIVAS INFANTIL 2ª PARTE



Dende o equipo de Educación Infantil propoñémosvos neste vídeo unha nova serie de actividades manipulativas que podedes facer nas vosas casas 🎨🎵①😀.

¡¡¡ Esperamos que vos gusten e as poñades en práctica!!! 

Lembrade que nos podedes enviar as vosas fotos ou vídeos aos correos: 
armillara@gmail.com ou anaalvarellos@hotmail.com



Ei! Lembrade!

Feixes de apertas e bicos a moreas! 💖





Adxuntamos 2 archivos en pdf que podedes descargar e imprimir para realizar algunha das actividades:











jueves, 16 de abril de 2020

Audioconto



MOITAS GRAZAS FAMILIA 💗

Lembrade que os audiocontos os podedes enviar ao correo: olgasanga@gmail.com


Curiosidades!

Hoxe estamos moi curiosos 👀 e queremos compartir convosco dous canales de youtube nos que desarrollan cousas complexas dun xeito moi doado de entender. E sobre todo é mooooi divertido ata para adultos!! Aquí tedes os enlaces e uns vídeos do que atoparedes:

















miércoles, 15 de abril de 2020

Por que...?

Neste vídeos tedes algunhas respostas a distintas preguntas que facedes 😲





Nenas e nenos animádevos a facer algún destes experimentos ou a responer algún por que! Se queredes compartilo connosco podedes enviar o vídeo ou as fotos aos correos: armillara@gmail.com ou anaalvarellos@hotmail.com 


Ei! Lembrade!

Feixes de apertas e bicos a moreas! 💖

RECICLA BEN PARA COIDAR O PLANETA

lunes, 13 de abril de 2020

Os vosos soños

O pasado 2 de abril os mestres e as mestras de educación infantil celebramos o día do conto lendo un sobre os soños. Os animamos a que fagades un debuxo dos vosos soños e os enviedes o correo: armillara@gmail.com ou anaalvarellos@hotmail.com


Aquí tedes os soños tan bonitos que nos chegaron 💓














¡MOITAS GRAZAS FAMILIAS! 


A Florida móvese na casa!


O CEIP PLURILINGÜE A FLORIDA¡MÓVESE NA CASA!





¡GRACIAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!
MOITO ÁNIMO E FORZA
¡SEGUIDE ASÍ!

lunes, 6 de abril de 2020

Ánimo nenas e nenos!

Vídeos enviados polas nenas e nenos da escola para darse ánimos!


Podemos conseguilo xuntos! Ánimo.

viernes, 3 de abril de 2020

Audioconto "A maga e a osa"








Portada do conto "A maga e a osa" 



Lembrade que os audiocontos os podedes enviar ao correo: olgasanga@gmail.com 


MOITAS GRAZAS 💗