5 anos

LUNS, 15 DE XUÑO DO 2020
Ola nenas e nenos!! Xa chegamos o final deste curso e queremos compartir convosco o último reto 📝📙📘📕📗

RETO: escritores e escritoras dun conto 📖
Cómo último reto propoñémosvos que fagades o voso propio conto, pode ser un conto de como foi este curso, da vosa vida, dos días de confinamento, dunha festa que recordas, do nadal....ou tamén pode ser algo inventado como a vida dun animal na selva, a festa dun unicornio, os dinosaurios.... 
O máis importante é que utilicedes a vosa imaxinación e coma sempre que o pasedes xenial!
Podedes debuxar os personaxes, escribir o relato pero tamén podedes facer un vídeo e contarnos así o conto. O que sí que ten que ter ese conto é unha portada e un título.
Animádevos a participar veredes o divertido que é ser un escritor ou unha escritora de contos!
Moitas grazas familias por participar nestes retos tan divertidos!!

Libros: Para rematar o curso esta semana propoñémosvos as últimas fichas dos libros.

                                     Do libro de Grafo



                                    Gustaríanos que fixerades








                                       Do libro de Mates


                                     Gustaríanos que fixerades










                                      Do libro de Lengua


                                   Gustaríanos que fixerades









E con este traballo rematamos o curso!!😀

Calquera consulta preguntádenos nos correos: anaalvarellos@hotmail.com ou armillara@gmail.com.

FELIZ VERÁN !!!!! 💖💖💖💖💖

MARTES, 9 DE XUÑO DO 2020

RETO: busca as 5 diferenzas
Esta semana propoñémosvos un reto moi divertido, busca as 5 diferenzas nas fotos dos profes! Podedes descargar o archivo PDF e despois imprimir as fotos ou tamén podedes descargar a imaxen e xogar dende o ordenador (soamente teredes que pinchar na imaxen, gardala e abrir o programa paint para rodear as diferenzas).
Animádevos a preparar as vosas diferenzas para que os compañeiros podan xogar coas vosas fotos! Para enviarnos as fotos teredes ata o luns 15 de xuño.







BICOS A MOREAS! MOITO ÁNIMO! 💗


LUNS, 8 DE XUÑO DO 2020

LIBROS: Esta semana propoñévosmos as seguintes actividades para continuar cos libros.

                                         Do libro de Grafo



                                   Gustaríanos que fixerades








                                           Do libro de Mates



                                    Gustaríanos que fixerades










Do libro de Lengua


Gustaríanos que fixerades














Calquera consulta preguntádenos nos correos: anaalvarellos@hotmail.com ou armillara@gmail.com.

ÁNIMO QUE SÓ QUEDAN DÚAS SEMANAS!!




MARTES, 2 DE XUÑO DO 2020
Ola nenas e nenos! Deixámosvos os calendarios de xuño 🌞






LUNS, 1 DE XUÑO DO 2020
Ola familias! É luns así que deixámosvos as propostas de traballo desta semana.

RETO:homes e mulleres do tempo
Como no cole xa estábamos feitos uns expertos e expertas do tempo, e este venres 5 de xuño e o día do medio ambiente, gustaríanos propoñervos este novo reto, no vídeo explicámosvos en que consiste.


1º OPCIÓN
Podedes facer unha foto dende o xardín de casa, a ventá, a praia, o monte, no portal de casa...A enviades ao correo e nós a publicamos, lembrade escribir onde estades.


2ºOPCIÓN
Buscar unha imaxe do mapa de galicia co tempo e contarnos nun pequeno vídeo como está o tempo.


3ºOPCIÓN
Grabar un vídeo pequeno e contarnos como estivo o día.



Lembrade que tamén podedes enviarnos refráns relacionados co tempo que estamos seguros de que os vosos pais e os vosos avós coñenecen unha chea deles!




LIBROS: Esta semana propoñémosvos facer as seguintes fichas dos libros de lengua, mate e grafismos que non puidemos rematar no cole.

   Do libro de lengua 




 Gustaríanos que fixérades 









Do libro de Mates


                          Gustaríanos que fixérades 










                                 Do libro de Grafo


Gustaríanos que fixérades 





Ánimo que xa estamos no último mes de cole. 
Calquera dúbida preguntádenos nos correos: anaalvarellos@hotmail.com ou armillara@gmail.com.

Un beso forte de tódolos mestres!!💖
  
LUNS, 25 DE MAIO DO 2020
Ola familias! Hoxe é luns así que deixámosvos as propostas desta semana!

RETO: luces e sombras
Estos días tan bonitos de sol queremos aproveitar para que xoguedes coa luz que da 🌞. Pero tamén se pode facer luz na casa cunha linterna! Podedes enviar as fotos ata o venres 5 de xuño. 

Se deixades entrar a luz do sol na casa podedes probar con construccións, animais...


Tamén podedes probar a debuxar a sombra 


Ou xogar coas vosas sombras e moi divertido!


Teatro de sombras! Cunha caixa de carton e cartulina negra!


A última proposta é que gustaríanos que fagades algunha foto na casa das vosas sombras e así na próxima videconferencia podemos facer un xogo de adiviñar as sombras dos outros compañeiros e compañeiras.
Necesitades: obxetos, unha parede branca e unha linterna.





LECTOESCRITURA
Propoñémosvos uns xogos para traballar as minúsculas e unhas fichas.








SUMAS






Por último deixámosvos unhas fichas para traballar a orientación espacial e a figura-fondo.





Unha aperta xigante das vosas mestras! 💗 
Calquera duda e as fotos e os vídeos lembrade que os podedes enviar aos correos:
 anaalvarellos@hotmail.com ou armillara@gmail.com.


MÉRCORES, 20 DE MAIO DO 2020
Bos días nenas e nenos! Aquí tedes o noso libro de receitas confinadas! Grazas a todos por participar e agora xa sabedes...a cociñar e a probar as outras receitas! 🙆
Unha aperta xigante!! Moito ánimo!! 💖

LIBRO DE RECEITAS CONFINADAS (neste enlace podedes ver mellor o libro de receitas, máis grande e coa música)




LUNS, 18 DE MAIO DO 2020
Ola familias! Comezamos a semana coas novas propostas de traballo:

RETO: plastilina caseira
A todos e a todas encántanos xogar coa plastilina e que mellor que poder facer a nosa propia plastilina? Esta semana queremos ver como facedes plastilina nas vosas casas, deixámosvos un vídeo e animádevos que é moi divertido! Unha vez feita a platilina podedes facer letras, números, corpo humano, animais, árboles....Podedes enviar as fotos dos vosos traballiños ata o día 29 de maio, lembrade que ata o venres 22 aínda podedes enviar as vosas cabanas!



Ademáis tamén podedes traballar moitas cousas como as que propoñémosvos a continuación:

Corpo humano

Números

Animais


Sumas e restas


Formas

Xogos con números


As fichas do árbol e os números as temos ata o número 10, se alguen as quere para imprimir na casa so teredes que enviarnos un correo. 

Outras ideas divertidas 




LECTOESCRITURA
Animádevos a practicar as minúsculas con plastilina, e despois podedes repasar co dedo o trazo e así é máis fácil cando collemos o lápiz!


Tamén podedes escribir palabras!





Por último deixámosvos unhas fichas para que fagades series lóxicas e outras de simetría.


DESCARGAR FICHAS SIMETRÍA


Unha aperta xigante das vosas mestras! 💗 
Calquera duda e as fotos e os vídeos lembrade que os podedes enviar aos correos:
 anaalvarellos@hotmail.com ou armillara@gmail.com.



XOVES, 14 DE MAIO DO 2020
Bo día rapaces e rapazas! Hoxe deixámosvos as últimas fichas desta semana tan especial, recordade que na páxina principal do blog publicamos cada día desta semana diferentes actividades para que podades facer nas vosas casiñas. Hoxe tedes que pensar unha ou varias palabras en galego...animádevos que seguro que se vos ocurren un montón!! Unha aperta e moito ánimo!! 💙💙💙




MÉRCORES, 13 DE MAIO DO 2020

Olaaa! Seguimos celebrando as letras galegas e como onte compartimos un conto escrito por Ricardo Carvalho Calero: AS PITAS BAIXO A CHOIVA, hoxe propoñémosvos unhas fichas para traballar este conto! 
Unha aperta! Moito ánimo! 💙




MARTES, 12 DE MAIO DO 2020

Bo día familias!
Como xa sabedes esta semana é unha semana especial...a semana das letras galegas! Este ano dedícase a Ricardo Carvalho Calero.
Na páxina principal do blog tedes máis cousiñas, aquí deixámosvos unhas fichas por se queredes coñecelo un puco máis!
Unha aperta!💙




LUNS, 11 DE MAIO DO 2020

Ola familias!! Comezamos a semana coas novas propostas de traballo! Moito ánimo! 

RETO: Constructores de cabanas
Esta semana queremos ver a imaxinación que tedes facendo unha cabana na vosa casa, pode ser no salón, na habitación, na terraza, no xardín, na cociña....e podedes utilizar sillas, sábanas, mantas, sofás, camas, paos...Lembrade que podedes seguir enviando os vosos xoguetes ata o venres 15 de maio, xa que é o reto da semana pasada.
Para o reto da cabana tedes ata o venres 22 de maio e teredes que enviar fotos ou vídeos da vosa super cabana!! 



LECTO-ESCRITURA
Esta semana propoñémosvos unha actividade de búsqueda para seguir traballando as letras da semana pasada.
Consiste en buscar por diferentes zonas da casa cousas que empecen pola letra, ou que teñan a letra no medio o ao final da palabra, pero tamén podedes buscar cousas donde aparezcan letras como pode ser un conto ou os ingredientes dalgunha cousa que teñamos na cociña. Por exemplo se buscamos a letra A na cociña; silla, vaso, fariña, auga...
Podedes descargar estas fichas ou utilizar papeles que teñades na casa ou libretas...e escribir todas as palabras que pensedes.
  • No salón a letra L
  • Na habitación a letra M
  • Na cociña a letra S
  • Por toda a casa a letra P








Ademáis de esta actividade e seguindo coa reciclaxe dos tapóns deixámosvos outras moi divertidas que podedes crear nas vosas casas



SUMAS E RESTAS: Continuamos traballando as sumas e as restas con diferentes propostas:








Por último deixámosvos unhas fichas para traballar a grafomotricidade:

DESCARGAR FICHAS GRAFOMOTRICIDADE


Unha aperta xigante das vosas mestras! 💗 Calquera duda e as fotos e os vídeos lembrade que os podedes enviar aos correos: anaalvarellos@hotmail.com ou armillara@gmail.com.


XOVES, 7 DE MAIO DO 2020 

Ola familias!! Queremos compartir convosco unhas fotos do pasado venres cando fixemos a nosa primeira videochamada! Prontiño teremos outra e esperamos que vos podades unir todos e todas!!
Unha aperta enorme dos vosos mestres e mestras! 
Moitas grazas familias!!
#TODOVAISAIRBEN 💖






LUNS, 4 DE MAIO DO 2020

Ola familias!! Comezamos a semana con moitas ganas e deixándovos as diferentes propostas de traballo 😀

Calendario das emocións
É moi importante que coñezamos e expresemos as nosas emocións e neste calendario podedes escribir cada día unha emoción ou varias, unha frase, un debuxo, unha palabra...o que vos apeteza, de cómo vos sentides cada día. É unha actividade que podedes realizar todos en familia, cada un pode esrcribir como se sinte durante o día e así podedes falar todos sobre os vosos sentimentos. 



Calendario do tempo
Cómo sabedes, no cole, o encargado do día debuxa o tempo e tamén o debuxamos todos no noso calendario persoal. Tamén buscamos en google o tempo en Sanxenxo e observamos a temperatura, ás horas de sol...
O final do mes facemos un reconto de cantos días de sol, cantos días de nubes, etc. Nos estamos convertindo en auténticos expertos do tempo!!
O final deste mes propoñerémosvos unha acividade relacionada co tempo e o calendario, así que animádevos a facer o voso calendario ou a imprimir este que deixámosvos aquí.




Reto: somos inventores de xoguetes 
A semana pasada convertímonos en cociñeiros e cociñeiras, sabedes que podedes seguir enviando as vosas receitas ata o día 8 de maio. 
Así que esta semana propoñémosvos ser inventores de xoguetes, podedes utilizar todo tipo de material como cartón, botellas de auga, plásticos, tapóns, rollos de cociña, etc. 
Se queredes participar soamente tedes que enviar algunha foto do xoguete ou algún vídeo explicando cómo se poder facer e despois o compartiremos con todos! Para este reto podedes enviar os vosos xoguetes ata o día 15 de maio
Deixámosvos uns exemplos que fixemos os mestres na casa cos nosos fillos! 


 Tren 

Avión

Casa




Para traballar lectoescritura esta semana deixámosvos estas fichas nas que aparecen as nosas amigas as minúsculas! 









Por último deixámosvos unhas fichas de sumas e restas, ademáis atopamos unha máquina moi divertida para aprender a facer restas! Se non podedes ver o enlace tedes algunha imaxen da máquina, só necesitades unha caixa e pompóns. 






Unha aperta moi grande das vosas mestras! 💗 Lembrade que podedes enviar fotos, vídeos ou as vosas dudas aos correos armillara@gmail.com ou anaalvarellos@hotmail.com


XOVES, 30 DE ABRIL DO 2020

Hoxe propoñémosvos unha actividade de lectoescritura con tapóns, podedes facer diferentes xogos, soamente tedes que escribir as letras nos tapóns que tedes por casa e despois a vosa imaxinación é libre!! Xa sabedes que podedes enviar as vosas fotos ou vídeos aos correos armillara@gmail.com e anaalvarellos@hotmail.com. Unha aperta enorme das mestras!! 






MARTES, 28 DE ABRIL DO 2020

Ola familias! Hoxe levantámonos un pouco cociñeiros e cociñeiras e vos queremos animar a facer un libro de receitas entre todos! Que vos parece?   
Cando facemos una receita temos que buscar e contar os ingredientes que necesitamos, medir as cantidades, seguir uns pasos, nestes pasos aparecen uns números que xa coñecedes, eses que van acompañados dun punto ao lado, os números ordinais. Deixámosvos tamén un par de fichas por se queredes recordar estes números. 

Por iso cando facemos una receita ademáis de pasalo xenial en familia tamén estamos traballando conceptos das matemáticas dunha maneira sinxela e divertida!!!! 

Para realizar esta actividade teredes que facer 4 fotos

1. Ingredientes 
2. Pasos a seguir na receita (poden axudar os país se teñen moitos pasos) O escribides e sacades unha foto ou tamén podedes escribir no ordenador e mandar nun word ou PDF, como vos sexa máis sinxelo.  
3. Algún momento do proceso 
4. Foto final, pode ser da receita deliciosa o de vos disfrutando da vosa receita!  

1.INGREDIENTES

2. RECEITA 

3.PROCESO

4.FINAL


Con todas vosas fotos, realizaremos un libro de receitas das nenas e nenos de 5 anos do CEIP A Florida!! O compartiremos no blog e así podedes ir probando as diferentes receitas do voso libro!! Lembrade que podedes enviar as fotos aos correos: armillara@gmail.com e anaalvarellos@hotmail.com.   

MARTES, 21 DE ABRIL DO 2020

Ola familias! Hoxe deixámosvos unhas fichas de repaso dos números do 1 ao 6 e outras de sumar. Ademáis añadimos unhas fotos dunha máquina moi especial...a máquina de sumar!! Animádevos a fabricar unha para facer moitas sumas na casa!! Recordade que si queredes compartir calquera foto connosco tedes que enviala aos correos: armillara@gmail.com ou anaalvarellos@hotmail.com.





MÁQUINA DE SUMAR 




LUNS, 20 DE ABRIL DO 2020

Ola familias! Deixámosvos uns vídeos para que o pasedes xenial repasando as letras, comezamos coas vogais. Tamén hai algunha canción para que bailedes un pouco!! 
Podedes descargar estas fichas por se queredes repasar un pouco estas vogais.