4 anos

LUNS, 15 DE XUÑO DO 2020
Ola nenas e nenos!! Xa chegamos o final deste curso e queremos compartir convosco o último reto 📝📙📘📕📗

RETO: escritores e escritoras dun conto 📖
Cómo último reto propoñémosvos que fagades o voso propio conto, pode ser un conto de como foi este curso, da vosa vida, dos días de confinamento, dunha festa que recordas, do nadal....ou tamén pode ser algo inventado como a vida dun animal na selva, a festa dun unicornio, os dinosaurios.... 
O máis importante é que utilicedes a vosa imaxinación e coma sempre que o pasedes xenial!
Podedes debuxar os personaxes, escribir o relato pero tamén podedes facer un vídeo e contarnos así o conto. O que sí que ten que ter ese conto é unha portada e un título.
Animádevos a participar veredes o divertido que é ser un escritor ou unha escritora de contos!
Moitas grazas familias por participar nestes retos tan divertidos!!

MARTES, 9 DE XUÑO DO 2020

RETO: busca as 5 diferenzas
Esta semana propoñémosvos un reto moi divertido, busca as 5 diferenzas nas fotos dos profes! Podedes descargar o archivo PDF e despois imprimir as fotos ou tamén podedes descargar a imaxen e xogar dende o ordenador (soamente teredes que pinchar na imaxen, gardala e abrir o programa paint para rodear as diferenzas).
Animádevos a preparar as vosas diferenzas para que os compañeiros podan xogar coas vosas fotos! Para enviarnos as fotos teredes ata o luns 15 de xuño.






BICOS A MOREAS! MOITO ÁNIMO!💖

MARTES, 2 DE XUÑO DO 2020
Ola nenas e nenos! Deixámosvos os calendarios de xuño 🌞





LUNS, 1 DE XUÑO DO 2020

RETO:homes e mulleres do tempo
Como no cole xa estábamos feitos uns expertos e expertas do tempo, e este venres 5 de xuño e o día do medio ambiente, gustaríanos propoñervos este novo reto, no vídeo explicámosvos en que consiste.


1º OPCIÓN
Podedes facer unha foto dende o xardín de casa, a ventá, a praia, o monte, no portal de casa...A enviades ao correo e nós a publicamos, lembrade escribir onde estades.


2ºOPCIÓN
Buscar unha imaxe do mapa de galicia co tempo e contarnos nun pequeno vídeo como está o tempo.


3ºOPCIÓN
Grabar un vídeo pequeno e contarnos como estivo o día.



Lembrade que tamén podedes enviarnos refráns relacionados co tempo que estamos seguros de que os vosos pais e os vosos avós coñenecen unha chea deles!



LUNS 25 DE MAIO 2020


RETO: luces e sombras
Estos días tan bonitos de sol queremos aproveitar para que xoguedes coa luz que da 🌞. Pero tamén se pode facer luz na casa cunha linterna! Podedes enviar as fotos ata o venres 5 de xuño. 

Se deixades entrar a luz do sol na casa podedes probar con construccións, animais...
Tamén podedes probar a debuxar a sombra 
Ou xogar coas vosas sombras e moi divertido!
Teatro de sombras! Cunha caixa de carton e cartulina negra!

Xogo de adiviñanzas, necesitades: obxetos, unha parede branca e unha linterna.


LUNS 18 DE MAIO 2020

REPASO DE LÓXICO MATEMÁTCA

Hoxe imos repasar os números, sé que son moi faciliñas de facer así que ánimo e a facelas. Moitos biquiños campeóns  e campeonas.




RETO: plastilina caseira

A todos e a todas encántanos xogar coa plastilina e que mellor que poder facer a nosa propia plastilina? Esta semana queremos ver como facedes plastilina nas vosas casas, deixámosvos un vídeo e animádevos que é moi divertido! Unha vez feita a platilina podedes facer letras, números, corpo humano, animais, árboles....

Para este reto tedes ata o venres 29 de maio para enviar fotos dos vosos traballiños.








Ademáis tamén podedes traballar moitas cousas como as que propoñémosvos a continuación:



Corpo humano




Letras


Números

Formas

Sumas

Animais

Xogos con números

As fichas do árbol e os números as temos ata o número 10, se alguen as quere para imprimir na casa so teredes que enviarnos un correo. 


Outras ideas divertidas 




 UNHA HISTORIA MOI BONITA


Espero que a disfrutes. BIQUIÑOS  





SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Ola nenos e nenas, como o día 17 é o día das Letras Galegas os deixo un pequeno proxecto para que fagades ao longo da semana.
Moitos biquiños e ánimo









MARTES, 12 DE MAIO DO 2020

RETO: Constructores de cabanas
Esta semana queremos ver a imaxinación que tedes facendo unha cabana na vosa casa, pode ser no salón, na habitación, na terraza, no xardín, na cociña....e podedes utilizar sillas, sábanas, mantas, sofás, camas, paos...
Para este reto tedes ata o venres 22 de maio para poder enviar fotos ou vídeos da vosa super cabana!!
Lembrade que podedes enviar as vosas fotos ao correo olgasanga@gmail.com
Unha aperta da vosa mestra!! 💓




LUNS, 4 DE MAIO DO 2020 




Ola familias! Como comezamos o mes de maio propoñémosvos unhas actividades que teñen que ver co calendario e outra proposta moi divertida para que fagades os vosos xoguetes! 



Calendario das emocións
É moi importante que coñezamos e expresemos as nosas emocións e neste calendario podedes escribir cada día unha emoción ou facer un debuxo de cómo vos sentides cada día. É unha actividade que podedes realizar todos en familia, cada un pode facer o seu debuxo de como se sinte durante o día e así podedes falar todos sobre os vosos sentimentos.




Calendario do tempo
Cómo sabedes, no cole, o encargado do día debuxa o tempo. O final do mes facemos un reconto de cantos días de sol, cantos días de nubes, etc. Nos estamos convertindo en auténticos expertos do tempo!! 
Como estamos na casa e non podemos facelo todos xuntos propoñémosvos que o fagades na casa ou podedes imprimir este que vos deixamos aquí, soamente tedes que buscar o día que é e debuxar un sol, nubes, sol e nubes, etc.



Ademáis esta semana propoñémosvos ser inventores de xoguetes, podedes utilizar todo tipo de material como cartón, botellas de auga, plásticos, tapóns, rollos de cociña, etc. 

Se queredes participar soamente tedes que enviar algunha foto do xoguete ou algún vídeo explicando cómo se poder facer e despois o compartiremos con todos! Podedes enviar os vosos xoguetes ata o día 15 de maio.

Deixámosvos uns exemplos que fixeron os mestres na casa cos seus fillos! 


Casa


 Avión

Tren


Lembrade que podedes enviar as vosas fotos ao correo olgasanga@gmail.com
Unha aperta da vosa mestra!! 💓


SOMOS ARTISTAS

En esta actividad que os propongo, desarrollamos  nuestra creatividad, partiendo de materiales reciclados.