Bos días rapazas e rapaces!😀 Hoxe queremos compartir convosco este escape room educativo, que realizou unha compañeira mestra e, que moi xenerosamente, compartiu co resto da comunidade educativa.
E preguntarédesvos, ¿que é un escape room educativo? 💭💭🔒🔎 Pois é un xogo no que teredes que resolver unha serie de retos para coñecer un pouco máis o homenaxeado do día das Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero 📕.
Por cada proba que superedes obteredes un número 🎱🔟, que os fará falta para o final de todo. Non esquezades anotalo ✏📄.
Animádevos a pasar un rato divertido!!!
Só tedes que clicar neste enlace:
🔎💭?😎 Escape room Día das Letras Galegas 2020
Unha vez aberta a pantalla do xogo, só tedes que clicar no altavoz que aparece debuxado 📣 (IMPORTANTE: non hai que rexistrarse) e ¡¡¡ comeza o xogo !!!