miércoles, 15 de mayo de 2024

Festival Letras Galegas 2024

Hoxe celebramos o noso Festival das Letras Galegas 2024, na primeira sesión actuou o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria.

Todo un éxito de público cun salón de actos cheo ata a entrada principal. Grazas por vir!

jueves, 25 de abril de 2024

A nosa escola! Esperámosvos!

Este proxecto xurde dun traballo cooperativo entre todas e todos, dende Infantil ata Primaria para amosar o noso centro ao público. Esperámosvos que vos guste, podedes vir cando queirades.

Feixes de apertas e bicos.... a moreas!

miércoles, 20 de marzo de 2024

Patios na escola

 De xeito espontáneo as nenas e nenos de infantil cantando e bailado no patio!!

lunes, 12 de junio de 2023

Festival letras galegas Infantil 2023


Primeira parte de Infantil e o 1º ciclo, logo virá os de 3º a 6º. 



Feixes de apertas e... bicos a moreas!!

miércoles, 6 de julio de 2022

Vídeo entrega orlas 2022

 Esta segue e será sendo a vosa casa! Bo inicio de primaria.


Feixes de apertas e bicos.... a moreas!

lunes, 4 de julio de 2022

Entrega de orlas

 Imaxes da entrega de orlas da graduación e despedida de 6º de infantil e 6º de primaria!

viernes, 14 de mayo de 2021

O amor está nos nosos ollos e nos nosos sorrisos!

O amor non tivo, nin debe ter, nin terá limitacións ou fronteiras. O amor é moito máis ca un sentir, ca unha verba, o amor está presente en todo, e para descubrilo solo tedes que mirarlle aos ollos a unha nena ou un neno e logo ollar o seu sorriso. Eso é amor e felicidade.

Eiquí van un rebumbio de mostras de amor dende a nosa escola de Infantil.

 

Feixes de apertas e bicos a moreas

lunes, 6 de julio de 2020

Orla promoción 2020

Bos días! Facede unha visual á orla de Infantil.
As/os interesadas/os deben comunicarnos a traves das titoras o número de copias. 
Data límite o 13 de xullo para pedir copias. 
Saúdos

lunes, 22 de junio de 2020


RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Bos días familias!!! Xa rematou o cole, pero queremos deixarvos unha serie de recomendacións para o verán. 

O máis importante e que disfrutedes e xoguedes moito!!!
   
    🌞 Xogo interactivo de matemáticas:

GEOGEBRA 4 ANOS: 


GEOGEBRA 5 ANOS: 



    🌞 Contos moi coñecidos contados por contacontos, escritores...: 


   🌞 Contos do camiño: 


   🌞 Pautas recomendadas pola Xefa do Departamento de Orientación:




Bicos a moreas e feixes de apertas !!! 💋💓💙💚💛💜


viernes, 19 de junio de 2020

E colorín colorado este curso esta rematado!

Ola rapazas e rapaces! E chegou o día, hoxe remata o curso 2019-20. Para nós é moi raro e moi triste non poder despedirnos cun abrazo, un bico e un feliz verán...
Por iso os mestres e as mestras de infantil fixemos un vídeo para despedirnos de todos e sobretodo para darvos as GRAZAS.
MOITAS GRAZAS familias por todo o voso traballo.
MOITAS GRAZAS nenos e nenas por aguantar o confinamento como uns super héroes
pero sobretodo..MOITAS GRAZAS polo voso cariño!

Desexámosvos moi feliz ferán e vemónos moi pronto! Os maiores de infantil cando voltemos en setembro xa estarán no cole de abaixo e tamén queremos mandarlles unha mensaxe especial para eles...Moita felicidade na nova aventura que ides emprender o ano que vén, en infantil botarémosvos de menos pero xa sodes moi maiores!

QUERÉMOSVOS MOITO
Encarna, Mari Carmen, Olga, Ana, Anita, Jose, Mari, David, Silvia, Markus e Helena


domingo, 14 de junio de 2020

LUNS, 15 DE XUÑO DE 2020
Ola familias! Xa queda pouco para rematar este curso tan diferente. Esta semana queremos compartir convosco este xogo interactivo que elaboramos as mestras e mestres de Educación Infantil. 

Durante o xogo aparecerá a frase: Descobre un... (obxecto, lugar, personaxe...). Aparecerán entre 4 e 6 interrogantes. Ó poñer o cursor sobre cada unha destas interrogantes, aparecerá unha pista sobre ese obxecto, lugar, letra... As nenas e nenos terán que intentar adiviñar a que ou quen se refiren as pistas. Cando pulsen sobre SOLUCIÓN apareceralle a resposta a esas pistas. Despois terán que pulsar sobre esa resposta para acceder a outro novo obxecto, personaxe...

Animádevos a xogar!!!

Unha aperta e bicos a moreas!!! 💋💙💚💛💜💓

lunes, 8 de junio de 2020


LUNS 8 DE XUÑO DE 2020

Ola familias! Este ano no colexio estabamos a traballar nun proxecto sobre A GRANXA 🐄🐇🐓🐐🐎🐖🐕. 
Debido a pandemia non puidemos rematalo, pero as mestras e mestres de Educación Infantil elaboramos este xogo interactivo para que as nenas e nenos pasen un ratiño moi divertido, mentres averiguan CANTO SABEN SOBRE A GRANXA?

Animádevos!!! Bicos a moreas!!! 💋

viernes, 5 de junio de 2020

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Ola familias! Hoxe, 5 de xuño, celébrase o Día do Medio Ambiente 🌱🌳🌼🌹🐄🐅🐘💚 e o próximo luns, 8 de xuño, o Día dos Océanos 🐋🐙🐠🐧🐢🐬🌊💙.

Por elo, e para concienciarnos da importancia de coidar e preservar a natureza, queremos compartir convosco estas 5 pezas audiovisuais que SOGAMA, a través da súa plataforma educativa "Caderno Verde", ven de publicar. 

Están protagonizadas pola Familia Trebón, unha familia responsable co medio ambiente que, disfrazados de piratas, van a ensinarnos a importancia de manter o mar limpo e empregar cada vez menos plásticos no noso día a día.

Queremos acabar esta publicación cunhas palabras da ecoeducadora Heike Freire na que di que " o contacto coa natureza é vital na educación das nenas e nenos". Así que xa sabemos:

A disfrutar e coidar o noso medio ambiente !!! 💚💚💚

Clicar sobre os títulos para ver os vídeos:

Briks de zume 




lunes, 25 de mayo de 2020

Cabañas feitas con moita imaxinación!!

 

Grazas ás familias por toda a colaboración 💗💗💗

miércoles, 20 de mayo de 2020

lunes, 18 de mayo de 2020

Fábrica de xoguetes!


Benvidos a fábrica de xoguetes do CEIP A Florida!
Aquí tedes todos os xoguetes da nosa fábrica! 
Grazas familias!
Moito ánimo! #TODOVAISAIRBEN


domingo, 17 de mayo de 2020

Vídeo Día das Letras Galegas confinadas!


Muiñeira compartida entre todas e todos para celebrar o noso día!


GRAZAS A TODAS E TODOS

AGORA XA ENTENDEDES POR QUE VOS QUEREMOS TANTO!

FEIXES DE APERTAS E BICOS A MOREAS!