Ola rapazas e rapaces! E chegou o día, hoxe remata o curso 2019-20. Para nós é moi raro e moi triste non poder despedirnos cun abrazo, un bico e un feliz verán...
Por iso os mestres e as mestras de infantil fixemos un vídeo para despedirnos de todos e sobretodo para darvos as GRAZAS.
MOITAS GRAZAS familias por todo o voso traballo.
MOITAS GRAZAS nenos e nenas por aguantar o confinamento como uns super héroes
pero sobretodo..MOITAS GRAZAS polo voso cariño!
Desexámosvos moi feliz ferán e vemónos moi pronto! Os maiores de infantil cando voltemos en setembro xa estarán no cole de abaixo e tamén queremos mandarlles unha mensaxe especial para eles...Moita felicidade na nova aventura que ides emprender o ano que vén, en infantil botarémosvos de menos pero xa sodes moi maiores!
QUERÉMOSVOS MOITO
Encarna, Mari Carmen, Olga, Ana, Anita, Jose, Mari, David, Silvia, Markus e Helena