viernes, 5 de junio de 2020

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Ola familias! Hoxe, 5 de xuño, celébrase o Día do Medio Ambiente 🌱🌳🌼🌹🐄🐅🐘💚 e o próximo luns, 8 de xuño, o Día dos Océanos 🐋🐙🐠🐧🐢🐬🌊💙.

Por elo, e para concienciarnos da importancia de coidar e preservar a natureza, queremos compartir convosco estas 5 pezas audiovisuais que SOGAMA, a través da súa plataforma educativa "Caderno Verde", ven de publicar. 

Están protagonizadas pola Familia Trebón, unha familia responsable co medio ambiente que, disfrazados de piratas, van a ensinarnos a importancia de manter o mar limpo e empregar cada vez menos plásticos no noso día a día.

Queremos acabar esta publicación cunhas palabras da ecoeducadora Heike Freire na que di que " o contacto coa natureza é vital na educación das nenas e nenos". Así que xa sabemos:

A disfrutar e coidar o noso medio ambiente !!! 💚💚💚

Clicar sobre os títulos para ver os vídeos:

Briks de zume