LUNS, 15 DE XUÑO DE 2020
Ola familias! Xa queda pouco para rematar este curso tan diferente. Esta semana queremos compartir convosco este xogo interactivo que elaboramos as mestras e mestres de Educación Infantil.
Durante o xogo aparecerá a frase: Descobre un... (obxecto, lugar, personaxe...). Aparecerán entre 4 e 6 interrogantes. Ó poñer o cursor sobre cada unha destas interrogantes, aparecerá unha pista sobre ese obxecto, lugar, letra... As nenas e nenos terán que intentar adiviñar a que ou quen se refiren as pistas. Cando pulsen sobre SOLUCIÓN apareceralle a resposta a esas pistas. Despois terán que pulsar sobre esa resposta para acceder a outro novo obxecto, personaxe...
Animádevos a xogar!!!
Unha aperta e bicos a moreas!!! 💋💙💚💛💜💓